Saturday 27 de April de 2024

O Concello de Miño instala cámaras de vixilancia para evitar roubos e actos vandálicos


O Concello de Miño finalizou recentemente os labores de instalación de diversas cámaras de vixilancia en varios puntos do núcleo urbano.

A través desta actuación, levada a cabo a través da Delegación do Goberno tras a debida xustificación e tramitación por parte deste organismo, está destinada a reforzar as medidas de seguridade e evitar deste xeito roubos e actos vandálicos.

Desde o goberno local celebran ‘poder contar xa cuns dispositivos moi demandados pola veciñanza’ e destacan ‘a importancia de ofrecer as mellores condicións de seguridade para evitar calquera acto vandálico’.